Guía BBCode

Introdución

Que é o BBCode?
BBCode é unha linguaxe semellante a HTML. Que poidas utilizar o BBCode nas túas mensaxes no foro é decisión do administrador. En calquera caso, podes desactivar o BBCode individualmente para cada mensaxe mediante o formulario de publicación. BBCode é semellante en estilo ao HTML, as etiquetas están arrodeadas por corchetes [ e ] en lugar de < e > e ofrecen un maior control sobre que e como se amosa o contido. Dependendo do patrón de aparencia (template) que esteas a usar, podes atopar que engadir BBCode nas túas mensaxes é máis sinxelo, usando a interface de botóns sobre a área de mensaxe no formulario de publicación. A seguinte guía pode serche de utilidade.
Arriba

Formato do texto

Como crear textos en letra grosa, cursiva e subliñados
BBCode inclúe etiquetas para permitirche cambiar os estilos básicos do teu texto máis rapidamente. Isto conséguese do seguinte xeito:
  • Para texto groso introdúzao entre [b][/b], ex.

    [b]Ola[/b]

    será Ola
  • Para subliñar [u][/u], por exemplo:

    [u]Bos días[/u]

    será Bos días
  • Para texto en cursiva [i][/i], ex.

    Isto é [i]Xenial![/i]

    será Isto é Xenial!
Arriba
Como mudar a cor ou tamaño do texto
Para variar a cor ou o tamaño dos textos poderás usar as seguintes etiquetas. Ten en conta que a aparencia coa que se amosa depende do navegador do usuario e do sistema:
  • Cambiar a cor do texto conséguese meténdoo entre[color=][/color]. Podes especificar o nome da cor en inglés (ex. red, blue, yellow etc.) ou o seu valor hexadecimal, ex. #FFFFFF, #000000. Por exemplo, para crear un texto en vermello poderías usar:

    [color=red]Ola![/color]

    ou

    [color=#FF0000]Ola![/color]

    os dous amosarían Ola!
  • Cambiar o tamaño do texto conséguese dun xeito semellante usando [size=][/size]. Esta etiqueta depende do estilo seleccionado polo usuario pero o formato recomendado é un valor numérico que representa o tamaño de xeito porcentual, comezando por 20 (moi pequeno) até o 200 (moi grande). Por exemplo:

    [size=30]PEQUENO[/size]

    normalmente será PEQUENO

    mentres:

    [size=200]XIGANTE![/size]

    será XIGANTE!
Arriba
Podo combinar etiquetas de formato?
Si queres, por exemplo, chamar a atención de alguén podes usar:

[size=200][color=red][b]MÍRAME![/b][/color][/size]

que amosará MÍRAME!

Non che recomendamos pór moito texto deste xeito! Lembra que é responsabilidade túa, do que escribe, asegurarse de que as etiquetas están pechadas correctamente. Por exemplo, sería incorrecto:

[b][u]Isto está mal[/b][/u]
Arriba

Citar e xerar texto con ancho fixo

Citar textos en respostas
Hai dúas formas de citar textos, con referencia ou sen ela.
  • Cando utilizas a función Citar para responder a unha mensaxe no foro, decataríaste de que o texto da mensaxe aparece na xanela de escribir mensaxe arrodeado polo bloque de etiquetas [quote=""][/quote]. Este método permíteche citar cunha referencia á persoa ou o que ti escollas pór! Por exemplo, para citar un anaco de texto que escribiu o Sr. Mol, sería

    [quote="Sr. Mol"]O texto do Sr. Mol viría aquí[/quote]

    No texto amosado engádese automaticamente Sr. Mol escribiu: antes do texto. Lembra que debes usar as "" para arrodear con "" o nome de quen estás a citar, son obrigatorias.
  • O segundo método permíteche citar sen referencia. Para facelo, escribe o texto entre as etiquetas [quote][/quote]. Cando vexas a mensaxe só aparecerá citado o texto.
Arriba
Datos do código de saída de datos ou do largo predefinido
Se queres crear un fragmento de código ou calquera cousa que requira un largo predefinido, p.e. o tipo de letra Courier, deberías inserir o texto entre etiquetas [code][/code], p.e.

[code]echo "Isto é código";[/code]

Calquera formato incluído entre etiquetas [code][/code] consérvase cando o visualizas posteriormente.
Arriba

Xerando listas

Crear lista non ordenada
Unha lista non ordenada presenta cada membro de forma secuencial nunha liña marcándoos cun punto. Para crear unha lista non ordenada úsase [list][/list] e defínese cada membro da lista con [*]. Por exemplo para crear unha lista de cores usaríase:

[list]
[*]Vermello
[*]Azul
[*]Amarelo
[/list]

Que orixinaría a seguinte lista:
  • Vermello
  • Azul
  • Amarelo

De xeito alternativo podes especificar listas con puntos empregando [list=disc][/list], [list=circle][/list], ou [list=square][/list].
Arriba
Crear lista ordenada
O segundo tipo de lista, unha lista ordenada dáche o control sobre o que aparece diante de cada compoñente. Para crear unha lista ordenada usa [list=1][/list] para crear unha lista numerada ou [list=a][/list] para unha lista alfabética. Ao igual que nas listas non ordenadas, cada compoñente especifícase usando [*]. Por exemplo:

[list=1]
[*]Ir de compras
[*]Mercar patacas
[*]Recoller encargo
[/list]

xerará:
  1. Ir de compras
  2. Mercar patacas
  3. Recoller encargo
Namentres que para a lista alfabética usarías:

[list=a]
[*]Primeira resposta
[*]Segunda resposta
[*]Terceira resposta
[/list]

dando lugar a
  1. Primeira resposta
  2. Segunda resposta
  3. Terceira resposta
[list=A]
[*]Primeira resposta
[*]Segunda resposta
[*]Terceira resposta
[/list]

xeraría
  1. Primeira resposta
  2. Segunda resposta
  3. Terceira resposta
Arriba

Crear ligazóns

Ligar a outro sitio
phpBB BBCode permite crear URIs (Uniform Resource Indicators), mellor coñecidas coma URLs, de diversos xeitos.
  • A primeira forma é mediante a etiqueta [url=][/url], o que escribas tralo signo = fará que o contido entre as dúas etiquetas sexa unha URL. Por exemplo para ligar a phpBB.com poderías usar:

    [url=https://www.phpbb.com/]Visita phpBB![/url]

    Isto xerará a seguinte ligazón, Visite phpBB! Podes comprobar que a ligazón aparecerá na mesma xanela ou nunha nova dependendo da configuración do navegador do usuario.
  • Se queres que a URL apareza como ligazón pódelo facer usando:

    [url]https://www.phpbb.com/[/url]

    Isto xerará a seguinte ligazón, https://www.phpbb.com/
  • Alén diso, phpBB ofrece algo chamado Ligazóns Máxicas, que convirte calquera URL válida nunha ligazón sen que teñas que usar ningunha etiqueta ou incluso sen o cabeceiro http://. Por exemplo escribindo www.phpbb.com na túa mensaxe amosarase automaticamente como www.phpbb.com ao visualizar a mensaxe.
  • O mesmo pódese aplicar ao enderezo de correo, tamén se pode especificar un enderezo explicitamente, por exemplo:

    [email]alguen@dominio.gal[/email]

    que amosa alguen@dominio.gal ou podes só escribir alguen@dominio.gal na mensaxe que será automaticamente convertida ao ler a mensaxe.
Como co resto das etiquetas BBCode podes inserir as URLs dentro de calquera das outras etiquetas como [img][/img] (ver seguinte entrada), [b][/b] etc. Como nas etiquetas de formato debes asegurarte de seguir a orde correcta de apertura e pechado de etiquetas, por exemplo:

[url=https://www.phpbb.com/][img]https://www.phpbb.com/theme/images/logos/blue/160x52.png[/url][/img]

non é correcto, e pode levar a que as túas mensaxes sexan borradas. Ten coidado.
Arriba

Amosar imaxes nas mensaxes

Pór unha imaxe nunha mensaxe
phpBB BBcode incorpora unha etiqueta para incluír imaxes nas túas mensaxes. Dúas cousas importantes a lembrar ao usar esta etiqueta son: a moitos usuarios non lles gusta ver moitas imaxes nas mensaxes, e a imaxe amosada debe estar dispoñible en internet (non pode só existir no teu dispositivo por exemplo, a menos que teñas un servidor web!). Para amosar unha imaxe debes arrodear a URL da imaxe coas etiquetas [img][/img]. Por exemplo: :

[img]https://www.phpbb.com/theme/images/logos/blue/160x52.png[/img]

Como se di na sección das URL podes inserir unha imaxe nunha etiqueta [url][/url] se así o desexas, p.e.

[url=https://www.phpbb.com/][img]https://www.phpbb.com/theme/images/logos/blue/160x52.png[/img][/url]

xeraría :

Arriba
Engadir adxuntos nunha mensaxe
Agora podes engadir adxuntos en calquera parte dunha mensaxe utilizando a nova etiqueta BBCode [attachment=][/attachment], sempre que a funcionalidade de adxuntos fose previamente activada e dispoñas dos permisos axeitados para poder crear adxuntos. Dentro da pantalla de publicación hai unha caixa despregable para inserir adxuntos.
Arriba

Outras cuestións

Podo engadir a miña propia etiqueta?
Se es un administrador deste foro, e tes os permisos axeitados, podes engadir novas etiquetas BBCodes a través da sección BBCodes personalizados.
Arriba