Guía BBCode
Introdución
- Que é o BBCode?
- BBCode é unha linguaxe semellante a HTML. Que poidas utilizar o BBCode nas túas mensaxes no foro é decisión do administrador. En calquera caso, podes desactivar o BBCode individualmente para cada mensaxe mediante o formulario de publicación. BBCode é semellante en estilo ao HTML, as etiquetas están arrodeadas por corchetes [ e ] en lugar de < e > e ofrecen un maior control sobre que e como se amosa o contido. Dependendo do patrón de aparencia (template) que esteas a usar, podes atopar que engadir BBCode nas túas mensaxes é máis sinxelo, usando a interface de botóns sobre a área de mensaxe no formulario de publicación. A seguinte guía pode serche de utilidade.
Arriba
Formato do texto
- Como crear textos en letra grosa, cursiva e subliñados
- BBCode inclúe etiquetas para permitirche cambiar os estilos básicos do teu texto máis rapidamente. Isto conséguese do seguinte xeito:
- Para texto groso introdúzao entre [b][/b], ex.
[b]Ola[/b]
será Ola - Para subliñar [u][/u], por exemplo:
[u]Bos días[/u]
será Bos días - Para texto en cursiva [i][/i], ex.
Isto é [i]Xenial![/i]
será Isto é Xenial!
Arriba
- Como mudar a cor ou tamaño do texto
- Para variar a cor ou o tamaño dos textos poderás usar as seguintes etiquetas. Ten en conta que a aparencia coa que se amosa depende do navegador do usuario e do sistema:
- Cambiar a cor do texto conséguese meténdoo entre[color=][/color]. Podes especificar o nome da cor en inglés (ex. red, blue, yellow etc.) ou o seu valor hexadecimal, ex. #FFFFFF, #000000. Por exemplo, para crear un texto en vermello poderías usar:
[color=red]Ola![/color]
ou
[color=#FF0000]Ola![/color]
os dous amosarían Ola! - Cambiar o tamaño do texto conséguese dun xeito semellante usando [size=][/size]. Esta etiqueta depende do estilo seleccionado polo usuario pero o formato recomendado é un valor numérico que representa o tamaño de xeito porcentual, comezando por 20 (moi pequeno) até o 200 (moi grande). Por exemplo:
[size=30]PEQUENO[/size]
normalmente será PEQUENO
mentres:
[size=200]XIGANTE![/size]
será XIGANTE!
Arriba
- Podo combinar etiquetas de formato?
- Si queres, por exemplo, chamar a atención de alguén podes usar:
[size=200][color=red][b]MÍRAME![/b][/color][/size]
que amosará MÍRAME!
Non che recomendamos pór moito texto deste xeito! Lembra que é responsabilidade túa, do que escribe, asegurarse de que as etiquetas están pechadas correctamente. Por exemplo, sería incorrecto:
[b][u]Isto está mal[/b][/u]
Arriba
Citar e xerar texto con ancho fixo
- Citar textos en respostas
- Hai dúas formas de citar textos, con referencia ou sen ela.
- Cando utilizas a función Citar para responder a unha mensaxe no foro, decataríaste de que o texto da mensaxe aparece na xanela de escribir mensaxe arrodeado polo bloque de etiquetas [quote=""][/quote]. Este método permíteche citar cunha referencia á persoa ou o que ti escollas pór! Por exemplo, para citar un anaco de texto que escribiu o Sr. Mol, sería
[quote="Sr. Mol"]O texto do Sr. Mol viría aquí[/quote]
No texto amosado engádese automaticamente Sr. Mol escribiu: antes do texto. Lembra que debes usar as "" para arrodear con "" o nome de quen estás a citar, son obrigatorias. - O segundo método permíteche citar sen referencia. Para facelo, escribe o texto entre as etiquetas [quote][/quote]. Cando vexas a mensaxe só aparecerá citado o texto.
Arriba
- Datos do código de saída de datos ou do largo predefinido
- Se queres crear un fragmento de código ou calquera cousa que requira un largo predefinido, p.e. o tipo de letra Courier, deberías inserir o texto entre etiquetas [code][/code], p.e.
[code]echo "Isto é código";[/code]
Calquera formato incluído entre etiquetas [code][/code] consérvase cando o visualizas posteriormente.
Arriba
Xerando listas
- Crear lista non ordenada
- Unha lista non ordenada presenta cada membro de forma secuencial nunha liña marcándoos cun punto. Para crear unha lista non ordenada úsase [list][/list] e defínese cada membro da lista con [*]. Por exemplo para crear unha lista de cores usaríase:
[list]
[*]Vermello
[*]Azul
[*]Amarelo
[/list]
Que orixinaría a seguinte lista:
De xeito alternativo podes especificar listas con puntos empregando [list=disc][/list], [list=circle][/list], ou [list=square][/list].
Arriba
- Crear lista ordenada
- O segundo tipo de lista, unha lista ordenada dáche o control sobre o que aparece diante de cada compoñente. Para crear unha lista ordenada usa [list=1][/list] para crear unha lista numerada ou [list=a][/list] para unha lista alfabética. Ao igual que nas listas non ordenadas, cada compoñente especifícase usando [*]. Por exemplo:
[list=1]
[*]Ir de compras
[*]Mercar patacas
[*]Recoller encargo
[/list]
xerará: - Ir de compras
- Mercar patacas
- Recoller encargo
Namentres que para a lista alfabética usarías:
[list=a]
[*]Primeira resposta
[*]Segunda resposta
[*]Terceira resposta
[/list]
dando lugar a - Primeira resposta
- Segunda resposta
- Terceira resposta
[list=A]
[*]Primeira resposta
[*]Segunda resposta
[*]Terceira resposta
[/list]
xeraría - Primeira resposta
- Segunda resposta
- Terceira resposta
Arriba
Crear ligazóns
- Ligar a outro sitio
- phpBB BBCode permite crear URIs (Uniform Resource Indicators), mellor coñecidas coma URLs, de diversos xeitos.
- A primeira forma é mediante a etiqueta [url=][/url], o que escribas tralo signo = fará que o contido entre as dúas etiquetas sexa unha URL. Por exemplo para ligar a phpBB.com poderías usar:
[url=https://www.phpbb.com/]Visita phpBB![/url]
Isto xerará a seguinte ligazón, Visite phpBB! Podes comprobar que a ligazón aparecerá na mesma xanela ou nunha nova dependendo da configuración do navegador do usuario. - Se queres que a URL apareza como ligazón pódelo facer usando:
[url]https://www.phpbb.com/[/url]
Isto xerará a seguinte ligazón, https://www.phpbb.com/ - Alén diso, phpBB ofrece algo chamado Ligazóns Máxicas, que convirte calquera URL válida nunha ligazón sen que teñas que usar ningunha etiqueta ou incluso sen o cabeceiro http://. Por exemplo escribindo www.phpbb.com na túa mensaxe amosarase automaticamente como www.phpbb.com ao visualizar a mensaxe.
- O mesmo pódese aplicar ao enderezo de correo, tamén se pode especificar un enderezo explicitamente, por exemplo:
[email]alguen@dominio.gal[/email]
que amosa alguen@dominio.gal ou podes só escribir alguen@dominio.gal na mensaxe que será automaticamente convertida ao ler a mensaxe.
Como co resto das etiquetas BBCode podes inserir as URLs dentro de calquera das outras etiquetas como [img][/img] (ver seguinte entrada), [b][/b] etc. Como nas etiquetas de formato debes asegurarte de seguir a orde correcta de apertura e pechado de etiquetas, por exemplo:
[url=https://www.phpbb.com/][img]https://www.phpbb.com/theme/images/logos/blue/160x52.png[/url][/img]
non é correcto, e pode levar a que as túas mensaxes sexan borradas. Ten coidado.
Arriba
Amosar imaxes nas mensaxes
- Pór unha imaxe nunha mensaxe
- phpBB BBcode incorpora unha etiqueta para incluír imaxes nas túas mensaxes. Dúas cousas importantes a lembrar ao usar esta etiqueta son: a moitos usuarios non lles gusta ver moitas imaxes nas mensaxes, e a imaxe amosada debe estar dispoñible en internet (non pode só existir no teu dispositivo por exemplo, a menos que teñas un servidor web!). Para amosar unha imaxe debes arrodear a URL da imaxe coas etiquetas [img][/img]. Por exemplo: :
[img]https://www.phpbb.com/theme/images/logos/blue/160x52.png[/img]
Como se di na sección das URL podes inserir unha imaxe nunha etiqueta [url][/url] se así o desexas, p.e.
[url=https://www.phpbb.com/][img]https://www.phpbb.com/theme/images/logos/blue/160x52.png[/img][/url]
xeraría :
Arriba
- Engadir adxuntos nunha mensaxe
- Agora podes engadir adxuntos en calquera parte dunha mensaxe utilizando a nova etiqueta BBCode [attachment=][/attachment], sempre que a funcionalidade de adxuntos fose previamente activada e dispoñas dos permisos axeitados para poder crear adxuntos. Dentro da pantalla de publicación hai unha caixa despregable para inserir adxuntos.
Arriba
Outras cuestións
- Podo engadir a miña propia etiqueta?
- Se es un administrador deste foro, e tes os permisos axeitados, podes engadir novas etiquetas BBCodes a través da sección BBCodes personalizados.
Arriba