Rexistrarse    Iniciar sesión    Foro   
   Procurar    FAQ  Normas  Guia BBCode  Chat IRC   

Índice do Foro » 



Normas xerais
» 1 - Compartición
Co fin de evitar a diversificación de fontes nos arquivos que aquí se comparten, no caso de contar con máis de unha versión dun mesmo título, será escollido un dos arquivos, a considerar por razóns de calidade. Cadaquén é libre de facer as súas propias versións para o seu uso particular.

Enriba

» 2 - Escrita
Non será admitida redacción unha mensaxe, na súa totalidade, facendo uso dunha cor diferente á que vén dada por defecto no foro. Admítese o uso de diferentes cores para resaltar partes específicas dunha mensaxe ou con algunha finalidade estética.

Enriba

» 3 - Lingua
A respecto da lingua, o foro está construído en base ás normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega en 2003, e que constitúen a normativa oficial vixente para este idioma. A nivel individual, cada usuario é libre de empregar a variante lingüística ou ortográfica que considere. Con todo, aínda que desde esta comunidade pretendemos fomentar o uso do galego, tamén se admite o uso do castelán ou do portugués en casos xustificados, como por exemplo a incapacidade dalgún usuario de expresarse en galego. Sempre con respecto, admítese debater no foro sobre este tema.

Enriba

» 4 - Opinión
Este foro pode servir para denunciar públicamente e/ou expresar queixas de cara a certas persoas ou organismos. Mais sempre se ha de ter en conta que expresar desconformidade non implica agresión verbal.

Enriba

» 5 - Respecto
Será expulsado desta comunidade calquera usuario que lle falte ao respecto a outro membro do foro.

Enriba

» 6 - Sinatura
O tamaño das imaxes que conformen a sinatura de cada un dos usuarios non deberá exceder os 800 píxeles de ancho nin os 100 píxeles de alto en total, co fin de facer un seguimento do foro cómodo para todos.

Enriba

» 7 - Política
Está totalmente prohibido discutir sobre política no foro. Este tipo de discusións soamente serven para crear tensións entre os usuarios do foro e non aportan nada á comunidade. Para discutires sobre este tema, hai outros sitios na rede, este non é o axeitado.

Enriba

» 8 - Subidas a descarga directa
Os usuarios que decidan contribuir ó foro subindo a descarga directa material que xa se atopa compartido no foro, deben facelo seguindo estes pasos:

1 - Publicar unha resposta no fío correspondente que conteña as ligazóns de descarga directa do material que subiu o usuario.

2 - No caso de que sexa unha subida que se faga en varias tandas (por exemplo no caso dunha serie, onde o usuario vai subindo novos episodios cada certo tempo) NON se deben publicar as ligazóns das novas tandas en mensaxes distintas, senón que se deben poñer xunto coas ligazóns das anteriores tandas na mensaxe onde se puxeron as ligazóns da primeira tanda. Opcionalmente, e despois de facer o dito anteriormente, o usuario pode publicar unha nova mensaxe no fío para avisar de que subiu novos capítulos

3 - Este paso é opcional, pero recomendable. Unha vez que se poñan as ligazóns da primeira tanda no foro, enviar unha mensaxe privada a calquera dos moderadores ou administradores, avisando de que se fixo a subida. Só hai que enviar esta mensaxe cando se faga a primeira tanda de subidas, nas seguintes tandas non hai que enviar mensaxe

4 - Como é sabido, as ligazóns de descarga directa caducarán co tempo, e nese caso é posible que o usuario que fixo a subida queira volver subir o contido das ligazóns que xa caducaron. Tamén neste caso, as ligazóns débense poñer na mesma mensaxe onde están o resto de ligazóns da subida que fixo o usuario, substituíndo ás ligazóns que xa caducaran



Para facilitar a descarga dos arquivos ós usuarios, é mester que todas as ligazóns dispoñibles para descargar un arquivos estean na primeira mensaxe do fío. Tal e como se están a facer agora as subidas a descarga directa, un usuario calquera sube tres capitulos a DD e pon as ligazóns nunha nova mensaxe dentro do fío. Logo temos que pasar os moderadores e editar a primeira mensaxe do fío para incluir as novas ligazóns na mesma. O caso e que en poucos días o mesmo usuario volve subir outros 3 capitulos e os moderadores temos que outra vez o mesmo. Pero a cousa non remata ahí, porque tras un certo tempo (semanas ou meses) as subidas que fixo dito usuario son borradas do servidor de DD onde as subiu, e entón vólveas subir a outro servidor e xa estamos outra vez co mesmo problema, é dicir, que os moderadores temos que andar a editar a mensaxe outra vez unha chea de veces.

Para evitarmos estes problemas, a solución que propoño é a seguinte:

- O usuario "fulano" sube X capitulos dunha serie a descarga directa e pon as ligazóns nunha nova mensaxe no fío da serie en cuestión
- Un moderador edita a mensaxe principal, engade un apartado que poña "Descarga Directa" (se non o hai xa) e pon unha ligazón directa co texto "Subida de fulano" á mensaxe onde se atopan as ligazóns que puxo fulano
- Pasados uns días, fulano volver subir outros X episodios a DD, pero neste caso en vez de poñer as ligazóns nunha nova mensaxe, edita a mensaxe onde estaban os X primeiros capitulos que subiu e engade as ligazóns dos novos capitulos que acaba de subir
- Fulano crea unha nova mensaxe no fío avisando de que subiu novos capítulos

Deste xeito, os moderadores só temos que editar a mensaxe principal unha vez por cada usuario que faga unha subida

Enriba

» 9 - Cancelación e baixa de contas de usuario
No caso de que un usuario sexa expulsado do foro, ou queira exercer o seu dereito de borrar a súa conta de usuario non poderá solicitar que se borren do foro todas as ligazóns do material que tivera subido ó foro (esto inclúe tanto o material aportado orixinalmente polo usuario como as resubidas feitas por dito usuario de material orixinalmente aportado por outros). Con todo, si poderá solicitar que sexan borradas todas as mensaxes correspondentes ó usuario que se vai dar de baixa, aínda que o borrado de ditas mensaxes non afectará ás citas (feitas coa etiqueta [quote]) que outros usuarios tiveran feito das mensaxes do usuario que solicita a baixa ou sexa expulsado.

Enriba

» 10 - Publicidade e ánimo de lucro
Os Arquivos Da Meiga é unha comunidade sen ánimo de lucro e aquí ninguén saca beneficio coa montaxe e subida do contido que aquí se comparte, Mostra disto é que a web non contén publicidade e os seus administradores non sacan ningún beneficio con esta actividade. Porén, tampouco é aceptable que os usuarios obteñan lucro compartindo o material dispoñibe neste foro e por iso o uso de sistemas como ad.fly, que serven para gañar cartos insertando publicidade nas ligazóns non resultan compatibles coa filosofia deste foro e polo tanto o seu uso está prohibido

Enriba

» 11 - Ligazóns
É obligatorio fornecer unha ligazón ED2K de cada un dos arquivos que se compartan neste foro. Iso non quere dicir que o autor da montaxe teña que usar eMule obrigatoriamente para compartir a súa montaxe, simplemente ten que fornecer a ligazón ED2K da súa montaxe xunto coa ligazón do método que escolla (descarga directa, bittorrent, etc) para distribuir a súa montaxe.

No caso de non querer (ou poder) instalar eMule para crear as ligazóns ED2K, pódese usar o programa LinkCreator (http://prdownloads.sourceforge.net/emule/LinkCreator0.7.zip), dispoñíble na sección de descargas da web oficial de eMule, para xerar ditas ligazóns

Enriba

 
 

Normas do foro de colaboradores
» Norma 1
O obxectivo do foro de colaboradores é colaborar na revisión e distribuír de maneira rápida as montaxes feitas polos montadores entre os colaboradores habituais do foro. Considéranse colaboradores ás persoas máis habituais do foro e que, dependendo da súa situación (inexperiencia, complicacións en ripeos ou montaxes cun dvdrip, imposibilidade de capturar audios), contribúen doutra maneira máis no foro.

Enriba

» Norma 2
Os montadores subirán os seus traballos ao sistema de descarga que prefiran, e crearan un fío novo nesta sección privada coas ligazóns ós arquivos que subiron, sen necesidade de cubrir sobrepranta nin aportar datos adicionais. Aconséllase tamén que o montador dispoña un arquivo de verificación SFV, MD5 ou CRC32 para comprobar a integridade do arquivo, para comprobar que se descargou correctamente antes de proceder á súa compartición na zona pública por parte dos colaboradores.

Enriba

» Norma 3
Os colaboradores serán os encargados de baixar as montaxes subidas nesta zona privada e crear un fío correspondente na zona pública, cubrindo todos os datos da sobrepranta e engadindo a ligazón de descarga por eMule (ou calquera outro sistema P2P).

Enriba

» Norma 4
Queda terminantemente prohibida a publicación das ligazóns en calquera dos sistemas de descarga que non sexan P2P presentes nesta zona privada no foro público, así como en calquera outra páxina externa a Os Arquivos Da Meiga. No caso de que o propio autor da montaxe colabore noutros foros e faga públicas as ligazóns a sistemas de descarga que non sexan P2P, o fío xa non tería cabida neste apartado, polo que debería publicarse directamente na parte pública.

Enriba

» Norma 5
O incumprimento da norma 4 derivará na inmediata expulsión do grupo de colaboradores a aquel que as infrinxa.

Enriba

» Norma 6
A intención deste apartado non é a de crear unha división de "elite" no foro, senón simplemente prover de fontes máis duradeiras ás descargas e que, independentemente do sistema elixido polo montador, o material estea sempre dispoñible no caso de que as ligazóns caduquen. Coa mesma, un colaborador tamén pode axudar ao montador a subir de novo os arquivos que se caian do sistema de descarga.

Enriba

» Norma 7
A intención destas novas categorías é a de axudar no que sexa posible aos implicados nas montaxes, e coma mostra de agradecemento pola súa labor. O foro ultimamente dexenerou nun clima no que algúns só se rexistran, ou nin iso, para pedir "en descarga directa", "subide o capítulo de onte" ou cousas así, que non fan máis que crear un síntoma de cansazo nos que están día a día pendentes das gravacións, perdendo o tempo en montaxes e espazo nos discos duros. Por outra banda, tamén queremos evitar o roubo de montaxes que se está a facer con algúns traballos, pois non é do agrado de ninguén ver noutros foros que o teu traballo se o adxudique outra persoa, e reciba os parabéns por un traballo que, na maioría dos casos, non ía perder o tempo en facer.

Enriba

 
 

Índice do Foro » 


Ir a:  
cron
© 2007-2010 Traducido ao galego pola CiberIrmandade da Fala