Board rules

These rules are disclosed to clarify the various responsibilities of all community members here on Os Arquivos da Meiga. They shall be adhered to by everyone to ensure that our board runs smoothly and provides a fun and productive experience for all of our community members and visitors.

  1. Compartición
    Co fin de evitar a diversificación de fontes nos arquivos que aquí se comparten, no caso de contar con máis de unha versión dun mesmo título, será escollido un dos arquivos, a considerar por razóns de calidade.

    Cadaquén é libre de facer as súas propias versións para o seu uso particular. #
  2. Escrita
    Non será admitida redacción unha mensaxe, na súa totalidade, facendo uso dunha cor diferente á que vén dada por defecto no foro. Admítese o uso de diferentes cores para resaltar partes específicas dunha mensaxe ou con algunha finalidade estética. #
  3. Lingua
    A respecto da lingua, o foro está construído en base ás normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega en 2003, e que constitúen a normativa oficial vixente para este idioma. A nivel individual, cada usuario é libre de empregar a variante lingüística ou ortográfica que considere. Con todo, aínda que desde esta comunidade pretendemos fomentar o uso do galego, tamén se admite o uso do castelán ou do portugués en casos xustificados, como por exemplo a incapacidade dalgún usuario de expresarse en galego. Sempre con respecto, admítese debater no foro sobre este tema. #
  4. Opinión
    Este foro pode servir para denunciar públicamente e/ou expresar queixas de cara a certas persoas ou organismos. Mais sempre se ha de ter en conta que expresar desconformidade non implica agresión verbal. #
  5. Respecto
    Será expulsado desta comunidade calquera usuario que lle falte ao respecto a outro membro do foro. #
  6. Sinatura
    O tamaño das imaxes que conformen a sinatura de cada un dos usuarios non deberá exceder os 800 píxeles de ancho nin os 100 píxeles de alto en total, co fin de facer un seguimento do foro cómodo para todos. #
  7. Política
    Está totalmente prohibido discutir sobre política no foro. Este tipo de discusións soamente serven para crear tensións entre os usuarios do foro e non aportan nada á comunidade. Para discutires sobre este tema, hai outros sitios na rede, este non é o axeitado. #
  8. Subidas a descarga directa
    Os usuarios que decidan contribuir ó foro subindo a descarga directa material que xa se atopa compartido no foro, deben facelo seguindo estes pasos:

    1 - Publicar unha resposta no fío correspondente que conteña as ligazóns de descarga directa do material que subiu o usuario.

    2 - No caso de que sexa unha subida que se faga en varias tandas (por exemplo no caso dunha serie, onde o usuario vai subindo novos episodios cada certo tempo) NON se deben publicar as ligazóns das novas tandas en mensaxes distintas, senón que se deben poñer xunto coas ligazóns das anteriores tandas na mensaxe onde se puxeron as ligazóns da primeira tanda. Opcionalmente, e despois de facer o dito anteriormente, o usuario pode publicar unha nova mensaxe no fío para avisar de que subiu novos capítulos

    3 - Este paso é opcional, pero recomendable. Unha vez que se poñan as ligazóns da primeira tanda no foro, enviar unha mensaxe privada a calquera dos moderadores ou administradores, avisando de que se fixo a subida. Só hai que enviar esta mensaxe cando se faga a primeira tanda de subidas, nas seguintes tandas non hai que enviar mensaxe

    4 - Como é sabido, as ligazóns de descarga directa caducarán co tempo, e nese caso é posible que o usuario que fixo a subida queira volver subir o contido das ligazóns que xa caducaron. Tamén neste caso, as ligazóns débense poñer na mesma mensaxe onde están o resto de ligazóns da subida que fixo o usuario, substituíndo ás ligazóns que xa caducaran


    Para facilitar a descarga dos arquivos ós usuarios, é mester que todas as ligazóns dispoñibles para descargar un arquivos estean na primeira mensaxe do fío. Tal e como se están a
    facer agora as subidas a descarga directa, un usuario calquera sube tres capitulos a DD e pon as ligazóns nunha nova mensaxe dentro do fío. Logo temos que pasar os moderadores e editar a primeira mensaxe do fío para incluir as novas ligazóns na mesma. O caso e que en poucos días o mesmo usuario volve subir outros 3 capitulos e os moderadores temos que outra vez o mesmo. Pero a cousa non remata ahí, porque tras un certo tempo (semanas ou meses) as subidas que fixo dito usuario son borradas do servidor de DD onde as subiu, e entón vólveas subir a outro servidor e xa estamos outra vez co mesmo problema, é dicir, que os moderadores temos que andar a editar a mensaxe outra vez unha chea de veces.

    Para evitarmos estes problemas, a solución que propoño é a seguinte:

    - O usuario "fulano" sube X capitulos dunha serie a descarga directa e pon as ligazóns nunha nova mensaxe no fío da serie en cuestión<br/>
    - Un moderador edita a mensaxe principal, engade un apartado que poña "Descarga Directa" (se non o hai xa) e pon unha ligazón directa co texto "Subida de fulano" á mensaxe onde se atopan as ligazóns que puxo fulano<br/>
    - Pasados uns días, fulano volver subir outros X episodios a DD, pero neste caso en vez de poñer as ligazóns nunha nova mensaxe, edita a mensaxe onde estaban os X primeiros capitulos que subiu e engade as ligazóns dos novos capitulos que acaba de subir<br/>
    - Fulano crea unha nova mensaxe no fío avisando de que subiu novos capítulos

    Deste xeito, os moderadores só temos que editar a mensaxe principal unha vez por cada usuario que faga unha subida #
  9. Cancelación e baixa de contas de usuario
    No caso de que un usuario sexa expulsado do foro, ou queira exercer o seu dereito de borrar a súa conta de usuario non poderá solicitar que se borren do foro todas as ligazóns do material que tivera subido ó foro (esto inclúe tanto o material aportado orixinalmente polo usuario como as resubidas feitas por dito usuario de material orixinalmente aportado por outros). Con todo, si poderá solicitar que sexan borradas todas as mensaxes correspondentes ó usuario que se vai dar de baixa, aínda que o borrado de ditas mensaxes non afectará ás citas (feitas coa etiqueta "quote") que outros usuarios tiveran feito das mensaxes do usuario que solicita a baixa ou sexa expulsado. #
  10. Publicidade e ánimo de lucro
    Os Arquivos Da Meiga é unha comunidade sen ánimo de lucro e aquí ninguén saca beneficio coa montaxe e subida do contido que aquí se comparte, Mostra disto é que a web non contén publicidade e os seus administradores non sacan ningún beneficio con esta actividade. Porén, tampouco é aceptable que os usuarios obteñan lucro compartindo o material dispoñibe neste foro e por iso o uso de sistemas como ad.fly, que serven para gañar cartos insertando publicidade nas ligazóns non resultan compatibles coa filosofia deste foro e polo tanto o seu uso está prohibido #
  11. Ligazóns
    É obligatorio fornecer unha ligazón ED2K de cada un dos arquivos que se compartan neste foro. Iso non quere dicir que o autor da montaxe teña que usar eMule obrigatoriamente para compartir a súa montaxe, simplemente ten que fornecer a ligazón ED2K da súa montaxe xunto coa ligazón do método que escolla (descarga directa, bittorrent, etc) para distribuir a súa montaxe. #