Regras do taboleiro

Estas regras expóñense para aclarar as diversas responsabilidades de toda a comunidade de membros aquí en Os Arquivos da Meiga. Han ser respectadas por todos para asegurar que o noso taboleiro funciona sen problema e prové unha experiencia divertida e produtiva para toda a nosa comunicade de membros e visitantes.

  1. 1. TABOLEIRO

    1. Os Arquivos Da Meiga nace no ano 2006 co fin de recompilar e difundir calquera obra audiovisual en galego

      É unha Comunidade sen ánimo de lucro, non se saca beneficio do contido que aquí se comparte. O taboleiro non contén ningún tipo de publicidade nin a administración obtén proveito económico desta actividade. Por este motivo, non se acepta que os participantes pretendan obter lucro dos contidos compartidos a través de ligazóns renumeradas encubertas (do tipo ouo.io ou adf.ly), o seu uso está prohibido e serán eliminadas sen explicación ningunha, advertindo ao participante que o faga.

      Non somos responsábeis sobre o contido compartido orixinalmente neste taboleiro que se distribúa noutras páxinas con métodos de lucro.
      #
  2. 2. IDIOMA

    1. O taboleiro nace para difundir todo tipo de contido en galego, material do que é difícil atopar dispoñibilidade en edicións domésticas e outros formatos.

      A escrita no taboleiro acóllese ás normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega no 2003, que constitúen a normativa oficial vixente para este idioma. A nivel individual, cada participante é libre de empregar a variante lingüística ou ortográfica do galego que considere. Con todo, aínda que esta é unha Comunidade por e para o galego, admítese o uso do castelán ou portugués para casos xustificados como pode ser a incapacidade dalgún participante de expresarse en galego.
      #
  3. 3. OPINIÓN

    1. Está totalmente prohibido discutir sobre política neste taboleiro. Estas discusións soamente serven para crear tensión entre participantes e non aportan nada á Comunidade. Para discutir estes temas, sobran espazos na rede. Si que se pode denunciar e/ou expresar queixas fundadas de cara a entidades ou organismos, mais sempre se ha ter en conta que expresar desconformidade non implica agresión verbal.
      #
  4. 4. REXISTRO

    1. Os Arquivos da Meiga é unha comunidade privada, polo cal require rexistro (gratuíto) para ver o contido. Os datos facilitados non se han compartir con ningún terceiro. A administración non ten acceso ao contrasinal da conta, polo que, no caso de esquecelo, só se poderá xerar un novo contrasinal (sobre solicitudes feitas por medio do enderezo de correo rexistrado), podendo denegar a solicitude se non se verifica correctamente a identificación.

      A administración resérvase o dereito a eliminar aquelas contas nas que non se iniciase sesión nun tempo determinado (mínimo 2 anos) ou sinalar como inactivas aquelas contas que, sendo claramente de usuarios reais, nalgún momento publiquen mensaxes sospeitosas. En todo caso, os participantes inactivos poden solicitar a activación da súa conta dende o enderezo de correo co que se rexistraron.

      A conta que falte ao respecto a outro participante por medio de publicacións ofensivas no taboleiro ou se lles emita un informe por calquera uso inaxeitado da mensaxería privada, serán expulsados unha vez feitas as comprobacións oportunas. Se se detecta o uso de varias contas distintas por parte do mesmo participante (multicontas), tamén serán suspendidas sen mediar aviso.
      #
    2. Cada participante debera completar os datos básicos do seu perfil, o que axuda á administración a identificar posibles spambots. Tamén, o uso de sinaturas e avatares fará máis amena a experiencia de participación.

      No caso das sinaturas, o tamaño das imaxes que se usen nelas non deberá exceder os 720x100 píxeles, co fin de facer un seguimento das mensaxes cómodo para todos. No caso dos avatares, fornécense algunhas imaxes básicas, o que non quita que o usuario poña a súa propia, non excedendo de 120x120 píxeles.
      #
  5. 5. BAIXA

    1. No caso de que un participante sexa expulsado ou queira exercer o seu dereito a borrar a súa conta, non poderá solicitar que se borre o contido que compartise, tanto sexa contido achegado orixinalmente pola mesma persoa como ás subidas que fixese de contido doutros participantes. Con todo, si poderá solicitar a eliminación de todas as mensaxes correspondentes á conta que vai dar de baixa. Porén o borrado de ditas mensaxes non afectará ás citas (feitas coa etiqueta "quote") que outros participantes fixesen das mensaxes.
      #
  6. 6. CONTIDOS

    1. A filosofía do foro naceu nunha época onde as velocidades de carga e descarga eran moi limitadas, polo que se apostaba por evitar a diversificación de fontes dos ficheiros compartidos escollendo, de haber varias montaxes dun contido, a considerada de mellor calidade.

      Neste momento que as velocidades de acceso aumentaron na maioría de participantes, preferimos a considerar manter sempre unha montaxe principal activa por razóns de calidade, o que non quita que cadaquén sexa libre de facer as súas propias versións para o seu uso particular.
      #
  7. 7. LIGAZÓNS

    1. Pedimos fornecer mínimo a ligazón eD2K de cada ficheiro que se comparta para axudar á verificación correcta do ficheiro (evitar compartir descargas corrompidas). Isto non quere dicir que a persoa que achega o contido teña que usar o eMule, simplemente achegar a ligazón eD2K (que pode xerar co LinkCreator) do ficheiro xunto coa ligazón do método para compartir do seu agrado para distribuír o contido (descarga directa, bittorrent, etc).
      #
  8. 8. CONTRIBUÍR

    1. Calquera participante pode contribuír a espallar os contidos noutros métodos para compartir que non contempla a persoa que fai a achega. Sexa o sistema que escolla, deberá compartilo nunha resposta ao mesmo tema do contido orixinal, axudando á súa localización polo resto dos participantes. Non se poderá crear un novo tema para esa subida.

      Aconsellamos aproveitar a primeira mensaxe onde se comparte a subida para ir actualizando as ligazóns. No caso de que a subida se faga por partes subindo as cousas cada certo tempo (series con varios capítulos, subidas por temporadas, etc), non se deben publicar as ligazóns en mensaxes novas, usar sempre a primeira mensaxe onde se comezou a subir. Opcionalmente, o participante si pode escribir novas mensaxes avisando que subiu unha nova quenda de capítulos.

      Con esta medida facilítase á moderación crear unha ligazón directa a esa mensaxe e identificala facilmente na primeira principal do tema. Esa mesma mensaxe pode aproveitarse para volver subir contidos que, por exemplo nas descargas directas, as ligazóns puidesen borrarse por denuncia ou caducar.
      #
    2. Os participantes tamén poden axudar creando e cubrindo a información para as montaxes doutros participantes empregando o xerador de modelos
      #
  9. 9. VIXENCIA

    1. Estas normas foron actualizadas en xaneiro do 2023. Calquera dúbida sobre elas, pode ser comentada coa administración.

      Son de obrigado cumprimento para rexistrarse e facer uso da Comunidade.
      #