Estas regras expóñense para aclarar as diversas responsabilidades de toda a comunidade de membros aquí en Os Arquivos da Meiga. Han ser respectadas por todos para asegurar que o noso taboleiro funciona sen problema e prové unha experiencia divertida e produtiva para toda a nosa comunicade de membros e visitantes.
-
1. TABOLEIRO
-
Os Arquivos Da Meiga nace no ano 2006 co fin de recompilar e difundir calquera obra audiovisual en galego#
É unha Comunidade sen ánimo de lucro, non se saca beneficio do contido que aquí se comparte. O taboleiro non contén ningún tipo de publicidade nin os administradores obteñen proveito económico desta actividade. Por este motivo, non se acepta que os usuarios pretendan obter lucro dos contidos compartidos a través de ligazóns renumeradas encubertas (do tipo ouo.io ou adf.ly), o seu uso está prohibido e serán eliminadas sen explicación ningunha, advertindo ao usuario.
Non somos responsábeis sobre o contido compartido orixinalmente neste taboleiro que se distribúa noutras páxinas con métodos de lucro.
-
-
2. IDIOMA
-
O taboleiro nace para difundir todo tipo de contido en galego, material do que é difícil atopar dispoñibilidade en edicións domésticas e outros formatos.#
A escrita no taboleiro acóllese ás normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega no 2003, que constitúen a normativa oficial vixente para este idioma. A nivel individual, cada usuario é libre de empregar a variante lingüística ou ortográfica do galego que considere. Con todo, aínda que esta é unha Comunidade por e para o galego, admítese o uso do castelán ou portugués para casos xustificados como pode ser a incapacidade dalgún usuario foráneo de expresarse en galego.
-
-
3. OPINIÓN
-
Está totalmente prohibido discutir sobre política neste taboleiro. Estas discusións soamente serven para crear tensión entre usuarios e non aportan nada á Comunidade. Para discutir estes temas, sobran espazos na rede. Si que se pode denunciar e/ou expresar queixas fundadas de cara a entidades ou organismos, mais sempre se ha ter en conta que expresar desconformidade non implica agresión verbal.#
Será advertido e/ou expulsado calquera usuario que falte ao respecto a outro membro do foro.
-
-
4. PERFIL
-
Cada usuario debera completar os datos básicos do seu perfil, o que axuda á administración a identificar posibles spambots. Tamén, o uso de sinaturas e avatares fará máis amena a experiencia do usuario.#
No caso das sinaturas, o tamaño das imaxes que se usen nelas non deberá exceder os 720x100 píxeles, co fin de facer un seguimento das mensaxes cómodo para todos. No caso dos avatares, fornécense algunhas imaxes básicas, o que non quita que o usuario poña a súa propia, non excedendo de 120x120 píxeles.
-
-
5. BAIXA DE USUARIO
-
No caso de que un usuario sexa expulsado ou queira exercer o seu dereito a borrar a súa conta, non poderá solicitar que se borre o contido que compartise, tanto sexa contido achegado orixinalmente polo mesmo como ás subidas que fixese de contido doutros usuarios. Con todo, si poderá solicitar a eliminación de todas as mensaxes correspondentes ao usuario que vai dar de baixa. Porén o borrado de ditas mensaxes non afectará ás citas (feitas coa etiqueta "quote") que outros usuarios fixesen das mensaxes.#
-
-
6. CONTIDOS
-
A filosofía do foro naceu nunha época onde as velocidades de carga e descarga eran moi limitadas, polo que se apostaba por evitar a diversificación de fontes dos ficheiros compartidos escollendo, de haber varias montaxes dun contido, a considerada de mellor calidade.#
Neste momento que as velocidades de acceso aumentaron na maioría de usuarios, preferimos a considerar manter sempre unha montaxe principal activa por razóns de calidade, o que non quita que cadaquén sexa libre de facer as súas propias versións para o seu uso particular.
-
-
7. LIGAZÓNS
-
Pedimos fornecer mínimo a ligazón eD2K de cada ficheiro que se comparta para axudar á verificación correcta do ficheiro (evitar compartir descargas corrompidas). Isto non quere dicir que o autor do contido teña que usar o eMule, simplemente achegar a ligazón eD2K (que pode xerar co LinkCreator) do ficheiro xunto coa ligazón do método para compartir do seu agrado para distribuír o contido (descarga directa, bittorrent, etc).#
-
-
8. CONTRIBUÍR
-
Calquera usuario pode contribuír a espallar os contidos noutros métodos para compartir que non contempla o usuario que fai a achega. Sexa o sistema que escolla, deberá compartilo nunha resposta ao mesmo tema do contido orixinal, axudando á súa localización polo resto dos usuarios. Non se poderá crear un novo tema para esa subida.#
Aconsellamos aproveitar a primeira mensaxe onde se comparte a subida para ir actualizando as ligazóns. No caso de que a subida se faga por partes subindo as cousas cada certo tempo (series con varios capítulos, subidas por temporadas, etc), non se deben publicar as ligazóns en mensaxes novas, usar sempre a primeira mensaxe onde se comezou a subir. Opcionalmente, o usuario si pode escribir novas mensaxes avisando que subiu unha nova quenda de capítulos.
Con esta medida facilítase aos moderadores crear unha ligazón directa a esa mensaxe e identificala facilmente na primeira principal do tema. Esa mesma mensaxe pode aproveitarse para volver subir contidos que, por exemplo nas descargas directas, as ligazóns puidesen borrarse por denuncia ou caducar. -
Os usuarios tamén poden axudar creando e cubrindo a información para as montaxes doutros usuarios empregando o xerador de modelos#
-
-
9. VIXENCIA
-
Estas normas foron actualizadas en xaneiro do 2023. Calquera dúbida sobre elas, pode ser comentada coa administración.#
Son de obrigado cumprimento para rexistrarse e facer uso da Comunidade.
-